Alfonso Toribio 12 de abril de 2026

ALFONSO TORIBIO EN DIRECTO NO MOMO

O vindeiro domingo 12 de abril temos unha cita moi especial no MOMO Pub Compostela coa música de Alfonso Toribio. Un plan perfecto para rematar a fin de semana co mellor ambiente de Santiago.

A actuación comezará ás 18:00 H.

Para este evento contamos co sistema de entrada inversa, cunha colaboración mínima de 3 euros que vai destinada integramente ao apoio do artista.

Agardámoste na Rúa Virxe da Cerca 23 para seguir celebrando xuntos o noso 42 aniversario.

Podes seguir o seu traballo en @alfonso.toribio