ALFREDO LÖB en directo no MOMO
Despedimos o mes de abril por todo o alto no escenario do MOMO. Este xoves 30 de abril, temos o pracer de recibir a Alfredo Löb (@alfredo.lob), que nos visitará para ofrecer un directo íntimo e cargado de calidade musical no corazón de Santiago.
Seguimos celebrando o noso 42 aniversario, agradecendo a vosa fidelidade durante estas catro décadas con propostas auténticas. Non hai mellor xeito de darlle a benvida ao mes de maio que cunha noite de música ao vivo nun dos recunchos con máis historia da cidade.
- Data: Xoves 30 de abril.
- Hora: 21:00 H.
- Lugar: MOMO Pub, Rúa Virxe da Cerca 23, Santiago de Compostela.
Entrada Inversa: Como é costume nas nosas actuacións, o evento funciona mediante entrada inversa. Agradecemos unha colaboración mínima de 3€ que vai destinada integramente ao apoio directo aos músicos e á cultura viva.
Vémonos no MOMO para pechar abril coa mellor música!
