Amaro Sampedro Trío 9 de abril de 2026

AMARO SAMPEDRO PRESENTA: THE DAMAGE TRÍO

O xoves 9 de abril, o MOMO pub compostela convídate a unha noite de música en directo. Amaro Sampedro presenta ao THE DAMAGE TRÍO.

A actuación comezará ás 21:00 H.

Para este evento, solicitamos unha colaboración en concepto de entrada inversa, cun importe mínimo de 3€ en apoio aos artistas.

Vémonos na Rúa Virxe da Cerca 23, en Santiago de Compostela, para seguir desfrutando do noso 42 aniversario coa mellor música ao vivo.

Podes seguir a @amarosampedrolopez para máis información.