Antón Noriega ,1 e 15 de maio de 2026

ANTÓN NORIEGA en directo no MOMO

Arrincamos a programación de maio cunha proposta diferente e sorprendente. Os venres 1 e 15 de maio, o escenario do MOMO recibe a Antón Noriega, un artista capaz de mesturar espectáculo, habilidade e conexión co público nun show único.

Unha cita perfecta para comezar o mes ao grande, nun ambiente próximo e especial no corazón de Santiago.

Seguimos celebrando o noso 42 aniversario compartindo contigo cultura e experiencias en directo.

Data: Venres 1e 15 de maio
Hora: 21:00 H
Lugar: MOMO Pub, Rúa Virxe da Cerca 23, Santiago de Compostela

Agardámoste no MOMO para comezar maio con forza!