GLASS QUARTET EN DIRECTO NO MOMO
O vindeiro martes 14 de abril, a música en vivo volve ser a protagonista no MOMO Pub Compostela coa chegada de Glass Quartet. Unha oportunidade perfecta para romper coa rutina da semana no mellor ambiente de Santiago.
A actuación comezará ás 21:00 H.
Para este evento contamos co sistema de entrada inversa, cunha colaboración mínima de 3 euros destinada ao apoio directo do cuarteto.
Seguimos celebrando o noso 42 aniversario con propostas culturais de calidade. Agardámoste na Rúa Virxe da Cerca 23.
