REI ORTOLÁ E ATÚN BLANCO EN DIRECTO
Este venres 10 de abril temos unha cita musical moi especial no MOMO Pub Compostela. Desfrutaremos do directo de Rei Ortolá e Atún Blanco nunha noite que promete o mellor ambiente de Santiago.
A actuación comezará ás 21:00 H.
Para este evento contamos co sistema de entrada inversa, cunha colaboración mínima de 3 euros que vai destinada integramente ao apoio dos artistas e da súa música.
Seguimos celebrando o noso 42 aniversario con programación cultural de calidade. Agardámoste na Rúa Virxe da Cerca 23.
Podes seguir o traballo dos artistas en @reiortola e @atun.blanco
