César de Centi
Este martes 10 de novembro ás 21:00 no Momo, César de Centi, músico con máis de 25 anos de traxectoria e colaboracións con figuras como Ismael Serrano, presenta o seu quinto disco: Mi guerra mundial del yo contra el yo.
Este martes 10 de novembro ás 21:00 no Momo, César de Centi, músico con máis de 25 anos de traxectoria e colaboracións con figuras como Ismael Serrano, presenta o seu quinto disco: Mi guerra mundial del yo contra el yo.

O xoves 12 de novembro ás 21:00, Silent Feel, quinteto liderado polo batería Carlos Arévalo e formado por músicos de contrastada traxectoria, versiona grandes éxitos internacionais (Rolling Stones, Stevie Wonder, Queen ou Michael Jackson) a ritmo de funk, soul e reggae. Simone Delgado – voz solista Iván Barreiro – guitarra Rafa Morales – baixo eléctrico David Rodríguez – teclados e trompeta Carlos Arévalo – batería

Horario do DJ: 23:50 a 04:00.

Horario do DJ: 23:50 a 04:00.

Horario do DJ: 23:50 a 04:00.

A banda compostelá Serengueti trae ao escenario do Momo o seu son o Domingo 15 de novembro ás 18:00h. Un homenaxe á música americana que viaxa entre o Country-Rock, o Folk-Rock e ese rock sureño que te transporta a paisaxes abertas.

O martes 17 de novembro ás 21:00 temos no Momo un espectáculo de impro musical interactiva no que o público é o elemento central, creando cancións completamente improvisadas e efémeras no momento. Un concerto único e irrepetible da man de Improvisóns Davizín Pardiñas: guitarra e voz Álvaro Baños: piano

Co lema “revive, rewear, relove" chega ó Momo unha nova edición de @Mazi Market, un proxecto de moda circular e ocio sostible. Inspirado nos fleamarkets centroeuropeos, mentres estás tomando algo con amigos e escoitando música en directo descobres roupa de segunda man a prezos moi asequibles. Este mércores 18 de novembro de 16:00 a 21:00

O xoves 19 de novembro ás 21:00 no Momo, Richo de Lula ofrecerá grandes versións e clásicos reinterpretados con estilo propio. Un son único inspirado dende o rock alternativo, o indie e o britpop ata o pop-rock e o rock bravú.

Horario do DJ: 23:50 a 04:00.